Sunday 22 de September de 2024

Os alumnos de Automoción de Ordes reciben un SEAT Exeo


A doazón é froito da convenio entre a marca automovilística e a Consellería de Educación, dirixido á mellora no seu proceso de aprendizaxe

Esta mañá os alumnos de Automoción do IES Nº 1 de Ordes recibiron un agasallo do máis especial que, sen dúbida, repercutirá positivamente no seu nivel formativo. Nada máis e nada menos ca un SEAT Exeo, 200 TDI e 143 cv con teito eléctrico. Un modelo que se empregará para montaxe e desmontaxe por parte dos futuros mecánicos, e para coñecer o funcionamento deste tipo de vehículos de avanzadas características.

Todo isto dase grazas á colaboración e esforzo conxunto desenvolvido tanto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como pola empresa SEAT, ademais da firma local Talleres Soneira. No acto de entrega estiveron presentes o Secretario Xeral de Educación, Manuel Corredoira, que unha vez máis fixo referencia ás “ventaxas e posibilidades que brinda a Formación Profesional”. “Actualmente son máis de 20.000 alumnos e alumnas na FP os que completan o seu proceso de aprendizaxe en máis de 12.000 empresas”, asegurou. Tamén tivo palabras de recoñecemento para a traxectoria profesional do actual xefe de Departamento de Automoción do centro académico ordense, José Manuel Carabel. Foi precisamente este último quen agradeceu a colaboración brindada polo Concello de Ordes en labores educativas e de aprendizaxe, a importancia da boa utilización dos recursos e medios cos que se contan nas aulas e tallere, así como na colaboración mantida no tempo con Talleres Soneira á hora da realización de prácticas por parte dos estudantes.
José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, foi o encargado de pechar o turno de intervencións, lembrando os seus tempos de estudante n IES Nº1, e comprometéndose unha vez máis cos proxectos e cos centros de ensinanza locais de titulariedade pública.
No acto tamén estiveron presentes as concelleiras de Educación e Medio Rural, Susana García e Ana Soneira; o novo director do IES Nº1, Juan Fdez Porto; o delegado de Satisfación ao cliente e Servizo Postventa de SEAT, Juan Carlos González Saavedra; ademais dos responsable de Talleres Soneira (servicio oficial da marca SEAT en Ordes), Carlos e Roberto Soneira.